Alimentes de Gadis

En GADISA levan máis de 15 anos desenvolvendo visitas guiadas aos supermercados GADIS dirixidas ao alumnado de educación primaria de Galicia e Castela e León, para crear unha experiencia educativa ao redor da temática da alimentación saudable. En 2016, tras detectar a necesidade de crear un proxecto máis completo, encargáronnos o desenvolvemento do proxecto educativo ALIMENTES. Visitas guiadas a GADIS.

Este proxecto combina as visitas guiadas aos supermercados GADIS cunha campaña educativa que inclúe material didáctico para o profesorado e fichas de traballo para as alumnas e os alumnos co obxectivo de sensibilizar e crear unha maior conciencia cara á alimentación saudable, a vida activa, o consumo responsable e o desperdicio alimentario.

En 2017, o proxecto ábrese ao segundo ciclo de educación infantil (de 3 a 6 anos) xa que a capacidade de absorción de información e comprensión do mundo que lles rodea é clave no futuro desenvolvemento das persoas.

Por iso, e tras os esforzos investidos na creación de material específico para o alumnado de primaria na liña de contidos de vida saudable e consumo responsable, a organización sabe que pode incidir sobre os hábitos dos máis pequenos que mellorarán a súa vida e a do planeta. Todos os contidos foron desenvoltos de acordo ao currículo oficial de educación infantil e de educación primaria de Galicia e Castela e León. Podes consultar todo este material nesta ligazón.

Hey there!

come here often?

Login To Come In