Business ExpRSE de Cruz Vermella Lugo

Cruz Vermella Lugo quere converterse nun aliado das empresas e para iso creou os Business ExpRSE. A este evento, celebrado o pasado 29 de setembro, asistiron empresas da provincia de Lugo, desde micropemes a gran empresa, persoal do plan de emprego así como coordinadores de Cruz Vermella Lugo e Galicia, desde directores xerais a técnicos, pasando por responsables de áreas como RR. HH, Marketing ou Calidade.

intheMOVE deseñou unha programación participativa baseada no principio orientador da sesión (E se pasamos de unirnos, a reunirnos?) e na que se buscaba a interacción de todas as persoas asistentes para a construción dun novo modelo de colaboración entre a entidade e as súas empresas.

Neste evento construíuse conxuntamente unha batería de propostas (a modo de conclusións do evento) para ser desenvoltas máis en profundidade por parte da entidade e que lles sirvan para poñer máis en valor as súas colaboracións coas empresas da provincia.

Hey there!

come here often?

Login To Come In