Campaña contra a violencia de xénero

No verán de 2019 realizamos unha das campañas que máis nos conmoveron e da que nos sentimos máis orgullosas. Trátase dunha campaña de comunicación e sensibilización contra a violencia de xénero dirixida a mozos para a Federación Hípica Galega protagonizada polos personaxes  Horse Xan e María  Horsé.

Esta acción enmárcase no contexto do convenio asinado pola Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e  Xustiza e a Secretaría  Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para desenvolver algunhas das medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Desde intheMOVE, desenvolvemos unha campaña de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero enfocada en adolescentes e mocidade. O fin era que puidesen identificarse cos personaxes e ser conscientes de que a violencia de xénero é algo moito máis común do que cren e algo que vai máis aló dos golpes. 

Deseñamos a campaña para conectar co público máis numeroso dos clubs deportivos de equitación: nenos, nenas e adolescentes. É por iso, que o ton, estilo e as mensaxes estaban adaptados ao seu perfil psicoevolutivo. A identificación é moi importante e en moitas campañas recíbese unha mensaxe estereotipada, o que dificulta que a violencia se detecte. O valor engadido de Horse Xan e María  Horsé foi demostrar a normalización que existe da violencia de xénero dentro de dous adolescentes tipo, unha violencia sutil que case nin se percibe e que se evidencia cada vez máis, a medida que a relación avanza.

Na campaña empregáronse medios off e online co fin de aproximala ao público obxectivo. Respecto a os medios offline creamos seis carteis que funcionaban independentemente ou como mosaico (a modo de instragram analóxico) e unha carpa Photocall para os diferentes eventos de verán da Federación. Estes carteis enviáronse aos Clubs Hípicos e reforzáronse con  mailings informativos. Ademais, creamos unha campaña de contidos dixitais, enfocada en web e redes sociais, con contidos explicativos dunha historia de violencia de xénero entre adolescentes.

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In