Campaña de sensibilización en centros educativos

En 2021 fixemos unha campaña de comunicación en sensibilización en centros educativos da man do Concello de Melide (A Coruña) polo Día Internacional da Muller, 8 de marzo.

Esta campaña tiña que ser deseñada para a mocidade e o concello buscaba algo que non a deixase indiferente. Así que propuxemos un mix analóxico-dixital. Sabiamos (por todo a profunda análise e estudo que facemos en cuestións relacionadas co xénero) que os estereotipos seguen sendo moi comúns entre os mozos e as mozas. Tiñamos que ser capaces de transmitirlles que os estereotipos afectan negativamente tanto a homes como a mulleres e que é necesario romper con eles.

Deste punto inicial, ideamos o cartel da imaxe. “Non che parece ridículo?” rodeado de palabras típicas que se utilizan para describir a mozas ou mozos. Para reforzar a idea, puxemos uns vinilos polas escaleiras do instituto con frases que axudasen a remover conciencias. “As tías son románticas/Os tíos son uns saídos/ As mozas van provocando/Chorar é de nenazas” foron algunhas delas.

Por último, propuxemos un concurso en Tiktok para que elas e eles creasen contido relacionado con este tema e, para reforzar a comunicación, desenvolvemos un folleto para vincular ao profesorado na campaña.

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In