Que é e que non é a igualdade? Este foi o punto de partida dun dos nosos traballos en igualdade para un 8M co Concello de Monforte de Lemos.
?Como se define a igualdade?
?Que non é a igualdade?
?Que é a igualdade?
Este esquema foi a base para facer unha campaña de comunicación de sensibilización da igualdade para o Concello de Monforte no marco do 8 de marzo de 2021 no #DíadaMuller. Coma sempre buscamos achegar información de forma directa e comprensible para todas as persoas receptoras da acción.
O Concello tiña moi claro como enfocalo e como difundilo, polo que, neste proxecto fixemos as seguintes accións:
- Campaña dixital. Mensaxes claras e un vídeo como protagonista con moito ritmo. A idea protagonista era preguntar á cidadanía que supoñía a igualdade para ela.
- Campaña offlline, con aplicacións para o bus urbano e bandeirolas para as principais rúas da cidade.
- Manifesto para lectura no 8 de marzo por parte das persoas responsables da igualdade do Concello de Monforte. Tamén estaba presente na web do concello.