Campaña en redes sociais #MulleresNaEconomíaSocial

Ao longo dos anos 2019, 2020 e 2021 creamos a campaña para redes sociais #MulleresNaEconomíaSocial co gallo do 8M. Con ela, a área de economía social da Xunta de Galicia, a rede Eusumo, quería poñer de manifesto ás mulleres en relación co Día Internacional da Muller. 

No 8M do 2019 contamos con mulleres participantes moi involucradas cos seus proxectos empresariais e que leron a cámara un poema inspirador e feminista de Filomena Dato. Entre elas destacamos a María de Fundamar, a Jéssica de Casa Grande de Xanceda, a Raquel de Metal Ferrol, a Rosa de Galega de Economía Social e a Sonia de CLUN. A campaña audiovisual contaba cun vídeo longo, que acababa cunha declaración institucional do Conselleiro Francisco Conde, e outras pezas curtas. 

No 8M do 2020 as protagonistas de #MulleresnaEconomíaSocial camiñaban apoderadas para cambiar o mundo. Seguindo o ronsel do ano anterior, a campaña contaba cun vídeo longo e vídeos curtos para difundir por redes sociais. Nesta ocasión contamos con Julia de Bico de Xeado, Mónica de Fundación Meniños e Adela da Confraría de Pescadores de Muros, entre outras. 

Campaña #MulleresNaEconomíaSocial 2020
Campaña #MulleresNaEconomíaSocial 2020

No 8M do ano 2021 fomos un paso máis aló e creamos unha campaña baseada en animacións con retales de fotografías e vídeos xa existentes. Unha campaña con moito ritmo e dinamismo e adaptada a todos os formatos de redes sociais. Contamos coa colaboración de mulleres de EspazoCoop, de Asociación Ámbar e de Fundación Érguete, entre outras. 

Campaña #MulleresNaEconomíaSocial 2021

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In