Consumo responsable e alimentación responsable de Gadis

A campaña de consumo responsable e alimentación saudable de GADIS baséase nunha exposición itinerante que viaxa por 23 localidades de Galicia e Castela e León nun tráiler saudable. Coa elección deste formato, poténciase a flexibilidade e mobilidade, permitindo que a exposición poida ser visitada en contornas urbanas e rurais de ambas as comunidades. Para a organización resulta de especial interese poder facilitar ás persoas que viven no medio rural o acceso a este tipo de iniciativas.

Para o tráiler saudable elaboramos contidos especializados baseados no consumo responsable, a alimentación saudable, a vida activa e o malgasto alimentario, todo iso adaptado ao público obxectivo e coa meta de contribuír á xeración dunha conciencia social e/ou ambiental crítica e informada, que sirva para lograr un impacto positivo na contorna que nos rodea.

Hey there!

come here often?

Login To Come In