O curso RSE en entidades de economía social forma parte do proxecto difusión e formación en materia de responsabilidade social empresarial en entidades de economía social posto en marcha pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, da Subdirección Xeral de Economía Social. Ten como obxectivo converter ás entidades de Economía Social de Galicia en organizacións realmente concienciadas coa responsabilidade social, introducindo ao seu persoal no contexto actual da RSE, identificando actuacións responsables de organizacións galegas e difundindo o modelo de xestión da RSE como elemento diferenciador destas entidades de economía social. Desta forma, búscase poñer en valor as potencialidades que posúe este sector económico e preténdese impulsar a súa capacidade para contribuír ao desenvolvemento sustentable.
O curso combina actuacións de educación formal (vinculadas á transmisión de coñecementos teóricos, co apoio de material audiovisual creado especificamente para o curso), actuacións de educación non formal (apoiadas en novas ferramentas de participación e Art of Hosting, coas que se buscou o debate para a construción conxunta do modelo de RSE a aplicar nas entidades de economía social), o uso das TIC (a través de software específico) e o método do caso (empregando diferentes casos prácticos para reforzar os diferentes conceptos mostrados durante a formación, a través do traballo en grupo).
Este curso está fundamentado nos contidos que desenvolvemos para o Manual de RSE en entidades de economía social.