Día da muller rural de Gadis

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Rural o 25 de novembro, Gadis quixo homenaxear ás mulleres produtoras das súas explotacións agrícolas de proximidade a través dunha campaña de comunicación e un evento presencial e retransmitido tamén en streaming. 

En primeiro lugar, realizamos unha selección de catro produtoras locais e creamos uns guións para os vídeos de promoción do seu traballo. Visitamos ás mulleres nas súas explotacións, acompañámolas nas súas tarefas diarias e gravamos imaxes e voz para a produción dos vídeos. Estas pezas audiovisuais foron lanzadas desde a canle de Youtube de Gadis. Ademais, fixéronse versións para Instagram e TikTok.

Posteriormente, deseñamos, coordinamos relatores e provedores (cátering, streaming, montaxe…) e moderamos o evento presencial nas instalacións do CEIDA (Centro de extensión universitaria e de divulgación ambiental de Galicia) no Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña. 

Por último, tamén creamos para esta campaña as imaxes e textos para a difusión do evento e os vídeos en RRSS. 

A campaña axudou a dignificar e poñer en valor o traballo das mulleres do campo, a estreitar relacións de confianza entre produtoras e cliente e a visibilizar o compromiso de Gadis coa sustentabilidade social, económica e ambiental. 

Se queres saber máis, podes ver os vídeos Sonia, Carmen, Rocío e Amaya ou podes ver o evento do streaming. 

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In