Diagnóstico do clima laboral

Coñecer cal é a percepción da contorna dos teus empregados, identificar puntos de mellora e áreas de risco en relación ás persoas da túa organización son factores clave para o desenvolvemento empresarial que poden ser analizados nun diagnóstico de clima laboral. No ano 2019 o equipo de intheMOVE realizamos o diagnóstico da empresa Arce Clima.

Arce Clima achega aos seus clientes, tras 25 anos de actividade, solucións nas áreas de Climatización, Protección contra incendios, Xeotermia, Enerxía solar, Frío Industrial e Control e Regulación en construcións de oficinas, de uso industrial residencial e establecementos do sector servizos.


Un diagnóstico de clima laboral tradúcese en coñecer a percepción xeral da organización a través da opinión dos empregados. No caso de Arce Clima, detectáronse necesidades especiais para un grupo concreto dentro do capital humano da empresa. O diagnóstico de clima centrouse naqueles traballadores que a empresa determinou previamente e con el coñecéronse os seguintes aspectos:


• A percepción de Arce Clima por parte dos seus traballadores.
• Os puntos fortes e débiles da xestión de persoas.
• As áreas de mellora na xestión do capital humano.

Os principios metodolóxicos empregados para o diagnóstico baseáronse na avaliación (tanto cuantitativa como cualitativa) e a participación, que conseguiron o deseño de instrumentos de medición que recolleron diferentes percepcións, non promovendo exclusivamente a visión da alta dirección nin exclusivamente a dos traballadores obxectivo ou do equipo consultor. Isto permite ter uns resultados máis representativos e próximos á realidade da empresa.

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In