Guía contra as violencias sexuais na mocidade

No marco do 25 de novembro, día internacional contra a eliminación das violencias machistas, o Concello de Cangas quixo realizar un material adaptado ao público xuvenil para tratar a violencia sexual a través da creación dunha guía e un plan de medios de RRSS para a súa difusión. 

Este proxecto foi deseñado desde a perspectiva do bo trato, as relacións sas, o consenso e o desexo, sen obviar contido informativo sobre o que son as violencias sexuais, como identificalas e que facer en caso de sufrir ou presenciar unha. 

A linguaxe empregada é inclusiva, así como o propio deseño da maquetación xa que se decidiu en conxunto co cliente a necesidade de que tanto mozas como mozos fosen os destinatarios desta guía. 

As recomendacións en caso de sufrir ou presenciar unha situación de violencia sexual son tanto globais como de recursos propios do concello, para que, en caso de ser necesaria unha actuación, poidan levala a cabo localmente chamando aos teléfonos facilitados ou presenciándose nas direccións dadas. 

Ademais da elaboración dos contidos da guía e da maquetación, tamén creamos o plan de medios, as imaxes e copys para RRSS (Twitter, Instagram e FB) para axudar á súa difusión. 

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In