Guía RSE para o sector da construcción en Galicia

A Guía sectorial de boas prácticas para a implantación de actuacións en materia de RSE nas empresas do sector da construción en Galicia forma parte do proxecto Responsabilidade social nas empresas do sector da construción, impulsado pola Xunta de Galicia e a Fundación Laboral da Construción de Galicia, e ten como principal obxectivo analizar as diferentes ferramentas existentes en materia de RSE que o sector ten ao seu alcance e, desta forma, poder converterse nun manual básico de referencia para a posta en marcha de actuacións responsables e estratexicamente competitivas por parte de todas as entidades ligadas ao sector da construción.

Para a elaboración desta guía sectorial deseñouse unha metodoloxía específica para valorar aspectos cuantitativos (baseada nunha enquisa especialmente creada para as empresas) e cualitativos (a través de entrevistas a axentes claves) relacionados co estado actual do sector en Galicia, tamén se realizará unha revisión crítica das ferramentas existentes en materia de RSE, tanto xerais como específicas do sector.

Hey there!

come here often?

Login To Come In