O Oasis Monte Alto naceu á calor do Co- lab, o Laboratorio Cidadán da Coruña no ano 2017. O Oasis é unha metodoloxía deseñada polo Instituto Elos de Brasil e implementada en máis de 20 países diferentes. Trátase dun proceso no que se involucra aos veciños e veciñas, comerciantes, hostaleiros e outros axentes sociais claves do barrio para lograr un traballo colectivo e situarse como suxeitos activos da transformación da contorna.
É dicir, todas as persoas que participaron nos primeiros talleres do Oasis da Coruña codeseñaron o que hoxe é o Oasis Monte Alto. A través de diferentes procesos de indagación e actividades abertas construíuse o diagnóstico do barrio, identificáronse as necesidades colectivas e impulsáronse as accións de transformación urbana con recursos propios e talentos locais.
Todo iso deu lugar a unha primeira intervención artística na escalinata de Adelaida Muro do barrio de Monte Alto. Durante varios fins de semana veciñanza, artistas, hostaleiros e habitantes do barrio colaboraron para embelecer un espazo urbano abandonado. O resultado máis visible foi unha escalinata renovada que se logrou a través da tenacidade e empoderamento das persoas implicadas como símbolo dun gran traballo comunitario.
Desde a intervención da escalinata en novembro de 2017 e abril de 2018 o Oasis Monte Alto non deixou de seguir codeseñando e cocreando accións colectivas. Sen ir máis lonxe, en xuño de 2019 traballouse no patio do colexio Víctor López Seoane xunto a máis de 150 persoas: alumnado, pais e nais, profesores, veciños e veciñas, e artistas. Codeseñouse entre o colectivo escolar e o Oasis Monte Alto o embelecemento do patio e durante a fin de semana o espazo foi un elemento de unión entre os diferentes colectivos do barrio.
Desde intheMOVE non podemos estar máis contentas ao ver como os proxectos que promovemos continúan con vida propia. O Oasis Monte Alto é un claro exemplo de proxecto comunitario exitoso, grazas á implicación de todos os axentes sociais.
Dossier de prensa:
- CRTVG: A iniciativa de Oasis Monte Alto une artistas e veciñanza para dinamizar os barrios
- La Voz de Galicia: «Monte Alto es el distrito artístico de la ciudad»
- El País: Descubre el oasis brasileño oculto en A Coruña. Los abrazos de sus vecinos lo hacen posible
- La Opinión de A Coruña: Inspiración brasileña para recuperar Monte Alto con arte
- FeliZiudad: Iniciativa Oasis Monte Alto
- El Quincemil: Oasis Monte Alto invita a participar en una nueva intervención de cocreación
- La Opinión de A Coruña: La víbora de Seoane recorre el patio
- El Quincemil: Un Oasis para poner guapo Monte Alto