III RSEncuentro

O RSEncuentro  nace co obxectivo de converterse en “O” encontro anual de todas as persoas cun interese profundo na ética empresarial e a responsabilidade social desde todas as dimensións posibles: administración publica, empresa, profesionais, directivos, consultores, academia, investigación, estudantes e cidadanía.

Porque a Responsabilidade Social Real só é posible se a construímos entre todas as persoas e ao mesmo tempo; se remamos todas na mesma dirección, se crecemos xuntas e creamos o ambiente social propicio para que empresas e cidadanía poidan actuar dun modo xusto e v se vexan recompensados por iso.

Como organizadoras do III RSEncuentro en Santiago de Compostela deseñamos todo o proceso desde o punto de vista participativo, abrindo ao debate e á colaboración a organización e a programación, onde se incluíron especificamente sesións onde se traballaba con metodoloxías de AoH sobre temas de interese para os asistentes. Así, tivemos un world café sobre grupos de interese, un open space sobre inquietudes da RSE e un pulse entre ABANCA e os seus grupos de interese.

Se queres coñecer que foi o III RSEncuentro, dedica uns minutos para ver este vídeo.

Cliente

Comunidade RSEncuentro

Servizo

Eventos Transformadores

Ano de publicación

2016

Principais indicadores de impacto

Outros proxectos realizados

Hey there!

come here often?

Login To Come In