Memoria RSC Feiraco 2013-2014

A memoria de RSC de Feiraco é o principal referente informativo sobre o impacto económico, ambiental e social da cooperativa, que lle permite comunicar aos seus grupos de interese aquelas partes do negocio que realmente lles interesan e mostrar o seu compromiso co desenvolvemento sustentable.

intheMOVE desenvolveu un proxecto participativo onde se implicou a todo o persoal da cooperativa nas diferentes fases da elaboración da memoria, elaborada segundo os requisitos do estándar internacional Global Reporting Initiative.

Segundo palabras de José Montes, presidente de Feiraco Sociedade Cooperativa Galega: “para Feiraco incorporar á súa Memoria os criterios de sustentabilidade definidos no modelo estándar GRI, é un paso máis no seu compromiso de transparencia coa sociedade, un valor estratéxico da cooperativa desde a nosa fundación en 1968 e que guiou este xa longo percorrido temporal de máis de cinco décadas”.

Hey there!

come here often?

Login To Come In