Co-creación, facilitación e coordinación do Ourense Rural Summit
En maio de 2019 recibimos unha chamada das que nos emocionan e motivan. Uns dos colaboradores molóns de intheMOVE contábanos que pensaran en nós para o deseño da experiencia e facilitación dun evento sobre ODS e rural. Non nolo podiamos crer, todas as nosas paixóns nun mesmo combo: evento participativo, ODS e rural. Na primeira videochamada co equipo da Vicerrectoría de Responsabilidade Social e Internacionalización da Universidade de Vigo comprobamos que o alcance do proxecto era un reto e unha aventura que estabamos a desexar vivir.
Aos poucos fomos tecendo o Ourense Rural Summit un evento facilitado con máis de 130 expertos internacionais, universitarios e persoas do rural de Ourense. Un apaixonante laboratorio de innovación social. Durante tres días puxemos ao Parador de Santo Estevo patas para arriba, literalmente. O equipo do Parador, con quen traballamos de xeito conxunto, puxéronnolo moi fácil para montar, desmontar e volver montar. Porque a invasión de tres días non só constou en durmir, comer e gozar da marabillosa contorna, senón que traballamos no deseño da experiencia, en grupos facilitados, organizamos máis de 20 charlas (moitas delas simultáneas), Café non Mercado de produtores locais, visitas teatralizadas, roteiros naturais, actividades nocturnas… Pois iso, tres días INTENSOS, pero tres días de aprendizaxe FASCINANTES.
E aínda non vos contamos que o OURS era o primeiro evento dun proxecto máis ambicioso o RIO International Observatory of Rural Research, un espazo de estudo do rural e dos ODS a gran escala. E si, para RIO tamén puxemos as nosas mentes a traballar. Desenvolvemos toda a identidade gráfica, web, contidos, redes sociais e xestión da comunicación en tempo record, asumimos o encargo a mes e medio do lanzamento. Foi un reto alucinante, cheo de reunións estratéxicas, de refedinicións de programa e de adaptación. Foi codiseño en estado puro.
Estivemos acompañadas do noso grupo de colaboradores molóns habituais (tradución, fotografía, vídeo, estudo de deseño, web, xestión de persoas, imprenta…) e outros moitos novos cos que foi un pracer compartir rede.



Ademais, saimos moito en prensa. WOOOW:
La Región: Expertos del Ourense Rural Summit desmontan tópicos de la despoblación
La Región: El Ourense Rural Summit, “banco de ideas” para la Europa del 2050
La Voz de Galicia: Expertos firman la “Declaración de Santo Estevo” por una agenda rural europea
Faro de Vigo: Deputación y UVigo colaboran para un encuentro sobre el rural con expertos mundiales
Ourense dixital. Com: Concluyó el Ourense Rural Summit con la firma de la Declaración de Santo Estevo entre la Deputación de Ourense y la Universidade de Vigo