Pegada de carbono de Metal Ferrol

Metal Ferrol, asume como propios os retos marcados polos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e do Acordo de París e incorpóraos ao desenvolvemento da súa actividade organizacional, en concreto, a través das súas actuacións de responsabilidade social empresarial. Entre elas, destaca o seu compromiso coa redución das emisións de GEI e contribuír á loita contra o cambio climático, a través da mitigación do impacto ambiental asociado á súa actividade.

Para iso realiza con intheMOVE o cálculo da súa pegada de carbono cunha metodoloxía que segue as directrices da norma internacional Greenhouse Gas Protocol (GHG Protocol), do Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sustentable (WBCSD), que foi a norma inspiradora da serie internacional ISO 14064:2012 sobre Gases de Efecto invernadoiro.

Podes consultar aquí o documento completo.

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In