Dende o ano 2017 desenvolvemos o programa formativo Medrando Xuntas, enfocado en mulleres directivas e socias da economía social en Galicia e posto en marcha pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
O programa Medrando Xuntas promociona o talento feminino nas entidades de economía social. De igual xeito, o proxecto pretende difundir o papel que xogan as entidades de economía social no tecido socioeconómico galego e as oportunidades que brindan ás mulleres para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
O obxectivo xeral do programa Medrando Xuntas é ofrecer unha formación integral dende a perspectiva de xénero, co fin de potenciar as capacidades directivas e socias das mulleres participantes como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional. Ofrece contidos específicos (xestión de proxectos de economía social, responsabilidade social, transformación dixital, proxectos colaborativos) enfocados á mulleres pertencentes ás organizacións de economía social ou interesadas en comezar unha carreira neste campo.
Medrando Xuntas acadou excelentes resultados en canto á participación e á valoración da experiencia por parte das alumnas, nas tres edicións convocadas ata o momento. O programa conta con dous itinerarios, un para directivas e outro para socias e traballadoras. Ademais compleméntase co Foro Participativo de Medrando Xuntas.
Medrando Xuntas foi deseñada por intheMOVE e integrada dentro Plan Emprega en feminino e da Estratexia Galega de Economía Social, que prevé como unha das accións a promoción do emprendemento feminino.
Máis información: