Queres saber como entendemos a Responsabilidade Social Corporativa?
A Responsabilidade Social é un modelo innovador de xestionar as organizacións baseado no uso de criterios responsables nos ámbitos económico, ambiental e social
EN INTHEMOVE CHAMAMOS AO ÁMBITO ECONÓMICO:
PRODUTO
E para que quero ser responsable co meu produto?
Para chegar a novos clientes e mercados que xa demandan estes compromisos
Para posicionarme no meu sector como referente de boas prácticas
Para xestionar e controlar os riscos derivados da miña actividade profesional
EN INTHEMOVE CHAMAMOS AO ÁMBITO AMBIENTAL:
PLANETA
E para que quero ser responsable co planeta?
Para consumir menos recursos naturais
Para innovar nos procesos e ser eficiente
Para minimizar o meu impacto no medioambiente
EN INTHEMOVE CHAMAMOS AO ÁMBITO SOCIAL:
PERSOA
E para que quero ser responsable coas persoas?
Para aumentar a satisfacción e motivación dos meus traballadores
Para atraer e reter o talento na miña organización
Para mellorar as miñas relacións coa comunidade local
E para que quero facer todo isto?
PARA CONVERTIRTE NUNHA ORGANIZACIÓN 3.0 PRODUTO, PLANETA, PERSOA!
Anímate a introducir a responsabilidade social no teu modelo de negocio xa que ser sustentable é manterse diverso e produtivo co transcurso do tempo.