Pilar

Pilar Casals

Son unha namorada da vida. Vivo con moitísima curiosidade e busco experiencias novas constantemente. Entusiásmame aprender, desde construción ata nutrición pasando polas máis inverosímiles combinacións. Fascínanme as situacións e retos novos, ampliar miras e crear diferentes solucións. Desde pequena son moi sensible ás inxustizas, así que non entendo a miña vida sen contribuír activamente a reducilas. Engaiólame a natureza, os animais e os interminables faladoiros arranxa-mundos. Encántame divertirme, rir, bailar, xogar, disfrazarme e pasalo ben. Son unha excelente anfitrioa, gozo creando espazos acolledores para dar a benvida. Non concibo a vida sen a comunidade.

Son unha apaixonada pola facilitación de procesos para a activación da intelixencia colectiva, a participación e a xestión de persoas, tanto desde a perspectiva do desenvolvemento individual como desde a construción e fortalecemento de equipos e comunidades. Formeime en España, Inglaterra, Italia e Portugal conseguindo conxugar as miñas dúas grandes paixóns: o desenvolvemento social e a excelencia das empresas, apostando por situar ás persoas no centro do negocio.

Se tes algunha dificultade ou necesidade con persoas, incluída ti mesma, eu serei a que che axude a superalo. Algunhas veces verasme nun papel máis ríxido relacionado coa estrutura, outras en estado líquido fundíndome co grupo ou a situación, é unha parte core das miñas habilidades 😉

intheMOVE é o meu lenzo feito de materiais sustentables que me permite multiplicar o meu impacto no mundo grazas á incrible comunidade de persoas que o forman e conforman.

Un  superpoder:  ser “ aguiaraña”. Visión de aguia para ver o conxunto e tea de araña para tecer recursos, necesidades e solucións.

Hey there!

come here often?

Login To Come In