Team Building para Mindset

Este proxecto desenvolveuse en colaboración coa consultora tecnolóxica Mindset, para un gran cliente. Esta multinacional recentemente creara unha unidade de 130 persoas e que funciona como unha start- up dentro da compañía, para dar unha resposta máis rápida aos cambios tecnolóxicos propios, así como aos dos seus clientes. Estas 130 persoas atópanse en diferentes sedes repartidas entre América do Norte, Asia e Europa.

A necesidade detectada no inicio do proxecto, era que esta unidade estaba pouco cohesionada como equipo, posuía unha deficiente comunicación e unha falta de coordinación á hora de executar os proxectos.

O proxecto que desenvolvemos para este cliente consistiu en coordinar un team building para 110 persoas da unidade en Madrid. Esta sesión foi deseñada para traballar as habilidades detectadas como deficientes, tras unha diagnose que lanzamos días antes da realización das sesións. Tras unha xornada dun día enteiro de duración, terminouse cunha actividade de liderado participativo que facilitamos, a través dun World Café no que participaron o vicepresidente da multinacional e o director da unidade, xunto con todos os empregados.

Nesta dinámica, profundouse nas lecturas e aprendizaxes adquiridos nas actividades previas a esta fase de reflexión e estudouse a forma de levalos á práctica no traballo do día a día. Esta potente metodoloxía concluíu cun gran Círculo con todas as persoas participantes nas que se manifestou, de maneira moi emotiva, a relevancia das experiencias vividas ao longo do día.

Hey there!

come here often?

Login To Come In