Xestión integral da RSE

Se chegaches ata aquí sabes que a responsabilidade social (RSE) é un modelo innovador de xestionar as organizacións baseado no uso de criterios responsables no triple ámbito (económico, social e medio ambiental) e que a súa xestión é estratéxica e fundamental para toda organización.

A  RSE é unha resposta ás necesidades de certos clientes que xa demandan estes compromisos e baixo esta premisa, Tranvías del Ferrol confiou en  intheMOVE para acometer a xestión integral da súa  RSE mediante un servizo de  outsourcing. Tranvías do Ferrol, é a empresa concesionaria do transporte metropolitano da comarca de Ferrolterra, con máis de 90 anos circulando pola comarca.

A nosa proposta consistiu en acompañar ao equipo de dirección na identificación, deseño, implantación e avaliación de medidas de responsabilidade social na xestión empresarial da súa actividade para mellorar o seu posicionamento fronte aos seus grupos de interese.

No período no que estivemos a colaborar realizáronse medidas como un primeiro diagnóstico da Responsabilidade Social, o cálculo da Pegada de Carbono da organización e a elaboración do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes. Adicionalmente, supervisáronse as accións da entidade para garantir que se cumpría coa nova visión adoptada.

Se estás a pensar en implantar medidas de  RSE ou Sustentabilidade na túa empresa podes poñerte en contacto con nós, charlaremos e resolveremos as túas dúbidas.

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In