REIMAXINA A TÚA EMPRESA. Comunica a RSE que practicas

Compartir en facebook
Compartir en twitter
Compartir en linkedin
Compartir en whatsapp

REIMAXINA A TÚA EMPRESA

Imaxina unha empresa onde os seus empregados están tan orgullosos de pertencer a ela que se converten nos seus principais embaixadores da marca.

Imaxina unha empresa que comercializa un produto respectuoso co medio ambiente e que consume moi poucos recursos naturais.

Imaxina unha empresa que é identificada por todo o mundo coma unha empresa responsable.

Imaxina unha empresa

… Esa empresa, é a túa? Si? Non? O dubidas?

Non te preocupes, dende intheMOVE axudámoste a identificar oportunidades de mellora nas túas empresas dende o punto de vista económico, social e ambiental. Ademais poñemos á túa disposición sinxelas ferramentas para comezar a comunicar as túas actuacións responsables aos teus grupos de interese. E, como o faremos?

A través do programa formativo REIMAXINA A TÚA EMPRESA. COMUNICA A RSE QUE PRACTICAS que ten como meta aumentar os coñecementos das PEMES galegas en materia de responsabilidade social, como estratexia competitiva no mercado local e global do s.XXI.

Durante 32 horas de formación teórico-práctica, en modalidade presencial, dividida en sete sesións en setembro de 2014, mostraremos aos participantes como elaborar unha memoria de responsabilidade social. Estas memorias son ferramentas de rendición de contas que se utilizan como documentos públicos para que a empresa poida mostrar aos seus clientes, proveedores e a todos os seus grupos de interese as súas boas prácticas en materia social e medioambiental.

O custe deste curso é gratuíto para empresas, xa que é 100% subvencionable pola Xunta de Galicia, a través das axudas convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar. intheMOVE axuda ás empresas a tramitar dita subvención sendo posible darse de baixa do curso en caso de ser denegada sen custe algún para a empresa.

Pode consultar máis información sobre o curso premendo no programa.

Compartir en facebook
Compartir en twitter
Compartir en linkedin

Deja una respuesta

Si has llegado hasta aquí también te puede interesar...

Hey there!

come here often?

Login To Come In