Son a de marketing e creo que todo comunica, por iso me fascinan os detalles que falan das persoas. Alucíname escoitar e como todo o que non son palabras (o ton, o volume, a expresión corporal) falan sen dicir nin unha palabra das persoas. Encántame observar os espazos e son unha chalada de todos os programas de arquitectura, construción e deseño de interiores, algún que non coñeza? Cóntame! antia@inthemove.es. É probable que me atopes nun bar, un restaurante ou un museo, que me “falen” polo seu espazo. Gústame VIAXAR con maiúsculas, canto máis lonxe e menos cobertura, mellor, e o combo, HBO e lectura, é o mellor plan para un domingo. Pero nada me gusta máis que pasar tempo de calidade coas persoas que quero, por iso son moi fan de montar festas, ir a festivais e planear escapadas.
Dedícome ao marketing e á comunicación desde que, hai máis de 10 anos, me formei en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas en España, Italia e Brasil. A miña bagaxe profesional permitiume estar en contacto con diversas organizacións traballando en produción e en marketing dixital, xestionando Redes Sociais, contidos corporativos e coordinando accións entre moi diversos colaboradores.
Se necesitas poñer en valor o que fas e que te perciban doutra maneira, temos o que necesitas. Grazas á comunicación e ao marketing conseguiremos a coherencia necesaria entre os teus valores, accións e mensaxes. Como as miñas compañeiras, son de natureza curiosa así que me verás noutras áreas seguro 😉
Son a máis recente integrante de intheMOVE e para min formar parte deste proxecto é un reto para demostrar que outras maneiras son posibles e que o marketing con sentido é imprescindible, pero tamén unha incrible oportunidade para aprender e ampliar horizontes.
Un superpoder: escoito, observo e transfórmoo en solucións pragmáticas e adaptadas.
Copyright 2019 © InTheMove - Política de Privacidad - Política de Cookies