Expertas en estratexia responsable
e innovación social

XESTIÓN
Facilitación
Educación
Comunicación

Xestión

Xestionamos os procesos da túa organización para dotalos de estrutura e potenciar os resultados. Podemos empezar por unha Diagnose de Sustentabilidade xeral para saber en que punto te atopas ou directamente facer un Plan de Igualdade, Plan de RR.HH. (capital humano), Plan de Employer Branding, un Cadro de Mando Ambiental, Cálculo de Pegada de Carbono ou deseñar un proxecto específico de Innovación Social e implementalo do Á ao Z.

Facilitación

Facilitamos os teus procesos persoais e grupais para conseguir obxectivos de maneira colaborativa e consensuada. Activamos a Intelixencia Colectiva dentro das organizacións ou en Eventos Transformadores e participativos. Acompañamos o cambio cultural na Transformación Dixital e/ou sustentable, mediamos na Resolución de Conflitos e xeramos proxectos de Desenvolvemento Comunitario con alto Impacto Social e de cambio positivo.

Educación

Educamos a través de iniciativas adaptadas ás túas necesidades e ás dos teus grupos de interese, desde o desenvolvemento de Programas Educativos adaptados ao currículo escolar ata Formación Técnica a persoas traballadoras de empresas, administracións, terceiro sector, sociedade civil ou entidades educativas superiores como universidades e másteres especializados. Creamos Materiais Didácticos, Actividades con Valores, Visitas Guiadas e programas formativos ad-hoc.

Comunicación

Comunicamos as túas accións de sustentabilidade, elaborando contidos e poñéndoos en valor. Facemos Memorias de Sustentabilidade Memorias de Responsabilidade Social como ferramenta de rendición de contas. Tamén desenvolvemos Estudos Técnicos e Publicacións sobre temas clave para a túa organización. Creamos e promovemos contidos (Brand content & Brand curation) para o teu blog ou a túa revista corporativa. Somos Moderadoras e/ou Relatoras expertas en sustentabilidade, comunicación responsable e xestión do talento.

Hey there!

come here often?

Login To Come In