Noe

Noelia López

Son unha enxeñeira química, moi enxeñeira. Encántanme o Excel e os indicadores. Gústame planificar e ter métodos para facer as cousas. Entusiásmanme os proxectos de investigación e a formación técnica. Son moi feliz pasando tempo coa miña familia, especialmente coa miña filla Mar. Tamén gozo moito do meu  Bullet Journal e de aprender caligrafías molonas. Fascíname ler, pero a verdade é que desde que son nai xa non atopo tantos ocos como antes. Tamén soño co día en que poida volver durmir como antes da maternidade.

Hai máis dunha década que a miña carreira profesional se centra en departamentos de medio ambiente e sustentabilidade de diferentes organizacións, públicas e privadas. Esta experiencia permíteme desenvolver proxectos que serven para impulsar unha economía social e respectuosa coa contorna.

Se necesitas estrutura, medición ou contidos técnicos, eu serei a xestora do teu proxecto; aínda que grazas a  intheMOVE, nos últimos 6 anos tiven a oportunidade de aprender e gozar de áreas moito máis creativas da sustentabilidade, así que non te estrañes se me ves facendo tarefas que, a primeira vista non parecen de enxeñeira, moi enxeñeira 😉

Para min  intheMOVE é un proxecto de vida compartido, unha faceta que me nutre persoal e profesionalmente e que me permite conciliar a miña vida familiar.

Un  superpoder: podería desenvolver indicadores de sustentabilidade para  atlántida se mo propuxese.

Hey there!

come here often?

Login To Come In