Plans de Igualdade

En intheMOVE somos especialistas en elaborar Plans de Igualdade en colaboración coa nosa clientela. Entre outros, desenvolvemos os diagnósticos de igualdade e/ou plans en entidades como Clesa (2015), Mugatra (2016), Tranvías del Ferrol (2018), Arce Clima (2019), Saraiva (2019) y La Tagliatella Galicia (2019)Galicia (2019) así como a avaliación final participativa do Plan de Igualdade do Concello de Oleiros (2019).

O noso método de traballo baséase na participación de axentes chave neste proceso, implicando a cantas máis persoas nos sexa posible da organización para asegurar non só liñas estratéxicas coherentes coas necesidades reais, senón tamén unha masa crítica e comprometida que axudará a que esa igualdade se produza de maneira efectiva.

Para a elaboración dun Plan de Igualdade, nunha primeira fase, coñecemos as aspiracións da organización, os antecedentes e as expectativas. Despois, realizamos un diagnóstico para coñecer a situación actual con relación á igualdade entre mulleres e homes, analizando fontes primarias e secundarias, cuantitativas e cualitativas, implicando ás persoas no proceso e así identificar as fortalezas e as debilidades que nos axudarán a ordenar e priorizar. Tamén é o momento de desenvolver a diagnose retributiva. Todo este traballo realízase de acordo coa lexislación vixente, en concreto o Real Decreto 901/2020 e o Real Decreto 902/2020.

Cos datos obtidos pasamos á segunda fase, a propia elaboración do Plan de Igualdade e Auditoría Retributiva, na que primeiro definimos áreas prioritarias de intervención, obxectivos (xerais e específicos), resultados esperados, indicadores de impacto, estratexias, accións, medios, recursos e calendario para levar a cabo cada parte. Este proceso tamén é participativo e aberto á organización para ser integrado na mesma en cada fase.

A terceira fase do plan é a implementación das accións decididas e intheMOVE achega a súa visión e experiencia na xestión de proxectos de igualdade. Finalmente, o seguimento e a avaliación do plan é un acompañamento no proceso que tamén pode facerse de maneira participativa para a xeración de intelixencia colectiva, reflexión conxunta profunda e peche do proxecto para iniciar un novo ciclo.

En todo este proceso é chave a mediación no proceso de negociación coa Comisión de Igualdade, xa que é necesario aunar opinións que en ocasións poden ser opostas.

Detallamos a continuación o caso de éxito do seguimento e evaluación do Concello de Oleiros:

Seguimento e avaliación. Concello de Oleiros.
Seguimento e avaliación. Concello de Oleiros.

Deixa unha resposta

Hey there!

come here often?

Login To Come In